Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.518

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 17 de xullo de 1997 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 19 de maio de 1997 (BOE do 10 de xuño de 1997), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, os decretos da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 200/1994, do 23 de xuño, 292/1996, do 26 de xullo, 435/1996, do 20 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes situadas no territorio desta Comunidade Autónoma, nomea a:

-María de los Ángeles Otero Seivane, notaria de Tui, 3ª, pasa á notaría de Cangas (Pontevedra).

-José-Manuel Rodríguez Casal, notario de Cedeira, 3ª, pasa á notaría da Guarda (Pontevedra).

-María José Latas Espiño, notaria de Silleda, 3ª, pasa á notaría de Santa Comba (A Coruña).

-Bruno-Américo Otero Afonso, notario de Ponferrada, 2ª, pasa á notaría de Ferrol (A Coruña).

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5877