Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Resultando que o vindeiro día 5 de agosto remata o prazo de exposición pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Urbana, o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 24-7-1997 acordou prorrogalo ata o vindeiro día 31 de agosto, estando exposto no salón de actos da biblioteca pública municipal Vidal Pazos en horario de 9 a 13 horas.

Durante o dito período, as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes, de conformidade co artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo; o expediente quedará de manifesto na dependencia da secretaría ó dispor do público.

Marín, 28 de xullo de 1997.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde-presidente

5596