Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

-Asistencia técnica consistente na organización e realización da IX cata dos viños de Galicia.

Empresa adxudicataria: Versal Comunicación, S.L.

Orzamento de adxudicación: 8.468.000 ptas.

-Subministración consistente na adquisición de cinco (5) vehículos todo terreo equipados para a

loita contra os incendios forestais no ano 1997 (0721).

Empresa adxudicataria: Incipresa, S.A.

Orzamento de adxudicación: 66.500.000 ptas.

-Subministración consistente na adquisición de dous (2) tractores agrícolas de catro rodas motrices con destino ó Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña) (IAS-391).

Empresa adxudicataria: Agrícola Castelao, S.A.

Orzamento de adxudicación: 11.578.000 ptas.

-Subministración e instalación de material e equipo de laboratorio para as subestacións de Ribadumia (Pontevedra) e O Barco de Valdeorras (Ourense), dependentes da estación de viticultura e enoloxía de Galicia. Leiro-Ourense (IAS-389).

Empresa adxudicataria: Afora, S.A.

Orzamento de adxudicación: 6.105.080 ptas.

-Subministración consistente na adquisición de tubos de baleiro e agullas dun só uso para a realización do programa de saneamento gandeiro.

Empresa adxudicataria: Grupanor Cercampo, S.A.

Orzamento de adxudicación: 32.500.000 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

5748