Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/124-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. Tomé Taboada, 130. Santa Comba. 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. e C.T. no lugar de Illa.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: L.M.T. aérea de 590 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Illa I e final no C.T. que se vai construir denominado Illa II de 50 kVA a 15 kV-B2, concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de xullo de 1997.

P.A.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña

5640