Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a contratación do servicio de mantemento e conservación das instalacións deportivas municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As97/2.

2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento e conservación das instalacións deportivas municipais.

Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 19.077.128 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 381.543 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica. Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do servicio de mantemento e conservación das instalacións deportivas municipais».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de xuño de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

5994