Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/59-2-4739 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sánez Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Penabranca, Forcas e Torguedo.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 365 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Penabranca, Forcas e Torguedo, concello de Guitiriz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 17 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5581