Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, 2DP/97 para a contratación do servicio de limpeza das oficinas da dirección provincial, situadas na rúa Durán Loriga, número 3. (Tramitación urxente segundo o artigo 72 da LCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de A Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto para contratación do servicio de limpeza das oficinas da dirección provincial, situadas na r/ Durán Loriga nº 3.

Servicio: contratación do servicio de limpeza para as oficinas da dirección provincial.

Orzamento: 2.731.015 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

2. Prazo de execución: no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de espedificacións.

3. Admisión de variantes: non se admiten.

4. Solvencia económica e financiera: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de CAP e no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 19 da Lei 13/1995, de CAP e no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifiesto e a disposición dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, 3-4ª andar, tódolos días laborables, excepto os sábados, desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, ante das 14 horas do décimo terceiro día habil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 18 56 78 ou telegrama no mesmo día, de confor

midade co establecido no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 8 de xullo de 1997.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

5524