Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/122-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: cambio de tensión a 20 kV no núcleo urbano de Ribeira.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: cambios de tensión a 20 kV e aumento de potencia dos seguintes centros de transformación no núcleo urbano de Ribeira: instituto, aumento a 250 kVA (expediente 50099); Mod. Porto aumento a 250 kVA (expte. 51099); Merca. Novo, mesma potencia (expte. 30705; Agro do Río, mesma potencia (expte. 52179); Escorial, aumento a 630 kVA (expte. 50829); instituto FP (particular) mesma potencia; fábrica xeo (particular) mesma potencia; Frigoríficos do Campo (particular) mesma potencia; Sarasquete, aumento a 630 kVA (expte. 24696); Caixa Aforros, aumento a 1.000 kVA (expte. 29.652); Pombal-Civei, aumento de 400 kVA (expte. 26.429); Atanes, aumento a 630 kVA (expte. 52056); Gude, aumento a 400 kVA (expte. 50878); Escola Náutica (particular), mesma potencia; Cooperativa do Mar (particular), mesma potencia; Frinsa (particular), mesma potencia; García Bayón, aumento a 400 kVA (expte. 51099); edificio Colomer, aumento a 400 kVA (expte. 200/95); Areal, aumento a 400 kVA (expte.

51318); Confraría de Pescadores (particular), mesma potencia; Busson (particular), mesma potencia. Municipio de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5575