Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/61-2-4741 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. Cendoi-Ribas de Miño.

Situación: O Páramo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56/54,6 mm Al, cunha lonxitude de 3.632 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Cendoi e Ribas de Miño, concello do Páramo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 18 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5583