Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997 pola que se anuncia o concurso público 7/1997, por procedemento aberto, as obras da rede de comunicación do Instituto Universitario de Ciencias da Saúde en Oza. (Expediente 3022/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, as obras da rede de comunicación Instituto Universitario de Ciencias da Saúde en Oza.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: quince millóns oitocentas trinta e catro mil pesetas (15.834.000 ptas.).

Garantía provisional: trescentas dezaseis mil seiscentas oitenta pesetas (316.680 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: un mes.

A Coruña, 11 de xullo de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

5928