Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a redacción do proxecto básico e de execución da obra para a ampliación de edificio destinado á sede dos xulgados de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo: edificio administrativo San Caetano - bloque 5, 3ª planta - 15771 Santiago de Compostela, Tfno. (981) 54 46 42, Fax. (981) 54 46 96.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra para a ampliación de edificio destinado a sede dos xulgados de Ferrol.

3. Orzamento base de licitación:

Orzamento: 5.198.985 ptas. (IVE incluído).

Aplicación orzamentaria: 13.01.121A.227.06.

4. Prazo de execución do contrato:

Dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

5. Garantías:

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6. Clasificación esixida ó contratista.

Non se esixe.

7. Presentación de proposicións:

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio Admitivo. San Caetano - bloque 5, 3ª planta- 15771 Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós trece (13) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fora sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

c) Forma: ós licitadores presentarán as súas proposicións en dous sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores:

A especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modelo de proposición:

O que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán obtelos na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no Edificio Admitivo. San Caetano - bloque 5, 3ª planta - 15771 Santiago de Compostela.

11. Apertura das proposicións:

Terá lugar, en acto público, na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 13 horas do sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

12. Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores:

As condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares, apartado 5.

13. Criterios de adxudicación do concurso:

Relaciónanse no apartado 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

Durante tres meses desde a data de apertura das proposicións.

15. Anuncios:

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

5864