Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/211-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: cambio de tensión de 10/20 kV, Castelo-Lomba.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Descricións técnicas: proxecto de cambio de tensión de 10 a 20 kV, das instalacións: liña de media tensión a 20 kV denominada Castelo-Lomba, centros de transformación de Castelo (400 kVA), Pozo (250 kVA) e Lomba (400 kVA) e os particulares R. González (de 100 e 500 kVa) e Fiscos (315 kVA). A Pobra do Caramiñal.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 1 de xullo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5567