Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.276

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de citación (112/1997).

Por acordalo así a xuíza deste xulgado, por resolución dictada nos autos de medidas provisionais nº 112/1997, que neste xulgado se seguen por instancia de Carmen Gómez Martínez, representada pola procuradora María Jesús Fernández-Rial y López, contra José Anido Álvarez, cítase a José Anido Álvarez, que se atopa en ignorado paradoiro, co fin de que o vindeiro día vintecinco de setembro, ás dez horas, compareza perante este xulgado para asistir á comparecencia prevista no artigo 1897 da Lei de A. civil, e advírteo de que, se non comparece, se continuará o procedemento na súa rebeldía, sen máis citacións e notificacións cás que a lei expresamente fixa, e que deberá comparecer con avogado e procurador.

E para que lle sirva de citación en forma e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o un de xullo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

5697