Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.275

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Joaquín Fernández Madrid.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 7 de xuño de 1996 (BOE do 11 de xullo), para a provisión da

praza número 96/025 de catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, desta universidade, a favor de Joaquín Fernández Madrid, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Joaquín Fernández Madrid, catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, desta universidade.

A Coruña, 9 de xullo de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

5689