Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1997 pola que se modifica a do 17 de xuño de 1997 na que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da realización do inventario de bens mobles da Universidade de Vigo. (Expediente 304/1997).

No DOG número 132, con data do 10 de xullo de 1997, publicouse convocatoria para a adxudicación do servicio correspondente ó expediente arriba indicado. Modificada a clasificación esixible, o apartado 7 do anuncio queda redactado da seguinte maneira:

«7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible:

Grupo 3, subgrupo 8, categoría B ou

Grupo 1, subgrupo 3, categoría B.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares».

Concédese un novo prazo para a presentación de ofertas, que comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural.

Vigo, 17 de xullo de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

5429