Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a adquisición de material didáctico para o equipamento das aulas de plástica, con destino ós centros de secundaria dependentes desta consellería. (Expediente 87/1997).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 87/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de material didáctico para o equipamento das aulas de plástica, con destino ós centros de secundaria dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería. Polígono de Toedo s/n. A Estrada. (Pontevedra).

c) Prazo de entrega: 30 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 30.286.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: (981) 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nueva, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Fecha límite de presentación: o décimo terceiro día natural desde a publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia. No caso de coincidir en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª) Domicilio: San Caetano s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil desde a finalización do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. No caso de coincidir en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5856