Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.222

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 15 de xullo de 1997, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na clase de médicos titulares, convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos.

O apartado 3 da base sexta B) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio

Galego de Saúde do 24 de outubro de 1996, (DOG nº 219, do 8 de novembro) pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso na clase de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, dispón que os diversos exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal deberá publicar no Diario Oficial de Galicia.

Ademais, por razóns de índole organizativa, o tribunal poderá decidir realizar ámbolos dous exercicios de que consta a fase de oposición en unidade de acto.

Adoptada unha decisión ó respecto polo tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da clase de médicos titulares, procede agora publica-lo dito acordo no Diario Oficial de Galicia,

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso na clase médicos titulares do Servicio Galego de Saúde, para a realización dos exercicios da fase de oposición o vindeiro día 30 de xullo de 1997, ás 8.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, Rúa Madrid s/n, polígono das Fontiñas.

Segundo.-O chamamento será único, e serán excluídos do concurso-oposición os aspirantes que non comparezan.

Non obstante, os dous exercicios de que consta a fase de oposición realizaranse, pola súa orde, en unidade de acto.

Terceiro.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Cuarto.-O presente acordo adóptase con independencia do prazo de remate para a presentación de instancias dos aspirantes que pretendan acceder pola quenda de promoción interna, e dos acordos que á vista da súa recepción se poidan adoptar ulteriormente, así como das reclamacións que ó respecto formulen os interesados e da súa resolución.

Quinto.-Contra o presente acordo poderase presentar reclamación, perante o tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Carlos Crespo Sabarís

Presidente do tribunal da clase de médicos

titulares

5797