Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia, para a subministración dunha centrífuga e dez equipos de campo para a medida de parámetros fisicoquímicos na auga do mar con destino ó Centro de Control da Calidade do Medio Mariño de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

Nº de expediente: 97/012/1076.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: subministración dunha centrífuga (lote nº 1) e dez equipos de campo para a medida de parámetros fisicoquímicos na auga do mar (lote nº 2).

División por lotes:

Importe lote nº 1: 1.700.000.

Importe lote nº 2: 3.400.000.

Lugar de entrega: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).

Prazo de entrega: dous meses desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: trámite de urxencia.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.100.000 ptas.

5. Garantía provisional.

Non se require.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: (981) 54 40 44.

Telefax: (981) 54 50 25.

Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

Localidade: Santiago de Compostela.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó de peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Hora: 11 horas.

10. Gastos de anuncios.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

97-5741