Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/52-2-4732 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición da autorización, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitude: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: C.T. e saídas en B.T. no campo da feira.

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas: centro de transformación prefabricado de 400 kVA 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea no campo da feira de 120 metros, en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x150/80 Al. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-0,6/1 kV-3x150/80 Al. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x(1x150) Al, para mellora do servicio eléctrico no sector, en Monterroso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5536