Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva E.D. predio A Torre (expediente 3183/411).

O Pleno deste Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 30 de maio de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle predio A Torre, en Quintela, na parroquia de San Paio de Navia, conforme a documentación presentada por Jorge Pousa Floriano, redactado polo arquitecto José A. Comesaña García e coa resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura, do 4-10-1995.

Vigo, 16 de xuño de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde