Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 12 de xuño de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da subzona A da U.A.-3 do SU-2 de Ourense, por instancia de Norberto Varela Rial, en representación de Creto Ourense, Promociones Inmobiliarias, S.L., logo de constitución de garantía polo importe de dezasete millóns de pesetas (17.000.000. de ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros se así o crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de xuño de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

4704