Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación de obras número 4/97, mediante o sistema de poxa, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Coruña resolveu convoca-la seguinte licitación de obras polo sistema de poxa, procedemento aberto:

Obxecto: contratación de execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados. O orzamento, prazo de execución, fianza e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

Exposición de pregos: estarán de manifesto no Servicio de Contratación e mais no de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (edificio administrativo Monelos-praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), das 9 ás 14,00 horas, durante o prazo de presentación de proposicións (para obter copias dirixirse á copistería Copymil, Tlf. 13 54 76).

Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 9 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

1. Título proxecto: rede de camiños principais de C.P. de Castañeda-Rendal (Arzúa-A Coruña) CO97/212.001 X-3671.

Orzamento: 232.868.442 ptas.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo: G, subgrupo 6, categoría: d.

2. Título proxecto: acondicionamento de predios e camiños secundarios na zona de C.P. de San Pedro e San Miguel de Sarandón (Vedra-A Coruña), C097/212.075 X-3864.

Orzamento: 32.628.628 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría c.

A Coruña, 2 de xullo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

5681