Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Placer-Bocelo.
-Situación: O Corgo.
-Descricións técnicas:
Liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 633 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000/398-230 V + 2,5% + 5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 373 metros, para mellora do servicio eléctrico no Placer e Bocelo, concello do Corgo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
Resolve autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 9 de xuño de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5348