Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 1997, o estudio informativo nova estrada conexión N-550 e AC-301, Padrón, clave N/AC/95.3, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o coiden oportuno poidan formular por escrito ante o servicio provincial de estradas da Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, no servicio provincial de estradas da Coruña, e nos concellos afectados.
Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei
1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento á declaración de efectos ambientais de Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial do Medio Ambiente da Coruña e nos concellos afectados.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1997.
Guillermo Grandío Chao
Subdirector xeral de Estradas
97-5388