Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1997, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito número 89/89, en aval bancario.

Extraviado o resgardo do depósito en aval bancario nº 89/89, constituído na Caixa de Depósitos da Dele

gación Territorial de Economía e Facenda de Pontevedra, con data do 2 de marzo de 1989, por importe de 4.368.675 ptas., sendo o propietario do metálico o Mapfre Caución y Crédito Compañía Internacional de Seguros y Reaseguros, S.A. e o garantido Construcciones Crespo, S.A., faise público para que no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio poida alegar terceiro o que considere oportuno, advertíndose que transcorrido o referido prazo se expedirá o novo resgardo que anulará o primeiro.

Pontevedra, 24 de xuño de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

5439