Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.152

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

ACORDO do 1 de xullo de 1997 polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, por acordo do 20 de maio de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 28 de maio de 1997), a Comisión de Goberno do Consello de Contas, de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 9 da Lei 6/1985, do 24 de xuño,

ACORDA:

Primeiro.-Selecciona-los funcionarios que se sinalan no anexo I deste acordo para os postos de traballo que se indican, quedando condicionada a súa adxudicación á resolución de traslado a este consello por parte do organismo correspondente da súa Administración de orixe.

Se no prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, os funcionarios non puidesen incorporarse ó posto de traballo para o que foron seleccionados por non estar resolto o seu traslado ó Consello de Contas, consideraranse desertas as prazas correspondentes, e poderá procederse de novo á súa provisión.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia ou, se é o caso, da data de resolución das situacións a que se refire o primeiro apartado deste acordo.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comenzará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo para a Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, fosen concedidos ó interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro dos prazos referidos dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra este acordo cabe interpor recurso ordinario ante este consello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1997.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior

ANEXO I

NRP/DNIGrupoApelidos e nomeOrixeDestino
OrganismoLocalidadePosto de traballoNivelLocalidade

33231984 A2060ABlanco Rey, Enrique C.C. Economía e

Facenda

Santiago de

Compostela

Auditor30Santiago de

Compostela

33801713 A2060ACouto Lestao, RafaelIGVSSantiago de

Compostela

Auditor30Santiago de

Compostela

3493834146 A1610BMateo Fernández,

Mª Teresa

IGVSSantiago de

Compostela

Técnico de

auditoría

25Santiago de

Compostela

3244402002 A205FBPena-Manso Rodríguez,

Ramiro

C. Economía e

Facenda

Santiago de

Compostela

Técnico de

auditoría

25Santiago de

Compostela

34952123 A2051BSantana Suárez, ManuelIGVSSantiago de

Compostela

Técnico de

auditoría

25Santiago de

Compostela

5179