Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997 pola que se convocan tres cursos de formación en materia de consumo.

En uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, os cursos indicados no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia que, como modelo, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún curso no seguinte ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no precitado anexo I.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias citadas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no referido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os recollidos no anexo I para cada un dos cursos programados.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán, e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo inte

resado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición das correspondentes certificacións de participación e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para estes efectos os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

-Curso de inspección de consumo.

1.-Obxectivos:

Proporcionarlle ó persoal encargado da inspección de consumo a preparación adecuada para desempeñar correctamente o seu labor inspector.

2.-Destinatarios:

Persoal dos grupos funcionariais A, B e C ó servicio da Xunta de Galicia que estean desempeñando tarefas propias de inspección de consumo, circunstancia que deberá acreditarse mediante certificación do xefe do servicio provincial de consumo correspondente.

3.-Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o 8 de setembro do ano que corre.

4.-Selección:

Os criterios selectivos que se terán en conta serán os que se fan públicos no apartado B) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8).

5.-Desenvolvemento:

5.1.-Duración: 100 horas.

5.2.-Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

5.3.-Datas: do 29 de setembro ó 25 de novembro.

5.4.-Horario: de 17 a 21 horas (luns, martes e mércores).

5.5.-Prazas: 35.

6.-Contido básico:

A inspección de consumo. Procedemento sancionador. Publicidade. Regulación de productos e servicios determinados respecto ós dereitos do consumidor.

7.-Certificacións:

Outorgaránselles certificados de aproveitamento ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento do curso e superen os controis ou probas que se determinen oportunamente.

-Curso de árbitros de consumo.

1.-Obxectivos:

Proporcionarlles ós destinatarios do curso a formación necesaria para a consecución dos obxectivos previstos e o normal desenvolvemento do sistema arbitral de consumo.

2.-Destinatarios:

Árbitros de consumo e secretarios dos colexios arbitrais da xunta arbitral de consumo de Galicia, que se deberán acreditar como tales mediante certificación do secretario da xunta arbitral de consumo de Galicia.

3.-Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e rematará o 8 de setembro do ano que corre.

4.-Selección:

Farase en función da orde de chegada das solicitudes ata completa-lo número máximo de prazas previstas.

5.-Desenvolvemento do curso:

5.1.-Duración: 60 horas.

5.2.-Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

5.3.-Datas: do 6 de outubro ó 18 de novembro.

5.4.-Horarios: de 17 a 20 horas (luns, martes e mércores)

5.5.-Prazas: 35.

6.-Contido básico:

Obxecto da arbitraxe de consumo. Procedemento arbitral. Funcionamento do colexio arbitral. O laudo.

7.-Certificacións:

Outorgaranselles certificados de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas.

-Curso de monitores de consumo.

1.-Obxectivos:

Proporcionarlles ós destinatarios do curso formación xeral en materia de consumo.

2.-Destinatarios:

Persoal das oficinas municipais de información ó consumidor, das asociacións de consumidores e usuarios e persoal da Administración con funcións relacionadas coa defensa dos dereitos dos consumidores e usuarios.

3.-Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e rematará o 8 de setembro do ano que corre.

4.-Selección:

Farase en función da orde de chegada das solicitudes ata completa-lo número máximo de prazas previstas.

5.-Desenvolvemento do curso:

5.1.-Duración: 15 horas.

5.2.-Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

5.3.-Datas: do 15 ó 19 de setembro.

5.4.-Horarios: de 17 a 20 horas (de luns a venres).

5.5.-Prazas: 35.

6.-Contido básico:

Defensa do consumidor. Información ó consumidor. Inspección de consumo. Arbitraxe de consumo. Educación ó consumidor.

7.-Certificacións:

Outorgaránselles certificados de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas.

5462