Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO de concurso público para a concesión dun estacionamento subterráneo para vehículos e outros, así como para a rehabilitación do denominado Asilo Manuel Naveira e a súa posterior explotación.

Aprobado polo Pleno da Corporación, o 23-5-1997 o prego de condicións administrativas e técnicas reguladoras do concurso público para a concesión dun estacionamento subterráneo para vehículos e outros, así como para a rehabilitación do denominado Asilo Manuel Naveira e a súa posterior explotación, faise público por espacio de oito días, contados a partir da inserción deste anuncio no BOP, para os efectos previstos na lexislación vixente. Simultaneamente convócase o correspondente concurso mediante anuncio que se inserirá no Boletín Oficial del Estado facendo constar que a presentación de reclamacións suspenderá este ata a súa resolución.

Betanzos, 23 de xuño de 1997.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente

5657