Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Funcionarios de la Escala de Administración General de la Administración Local de A Coruña (Afagal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 12 horas do día 19 de xuño de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Funcionarios de la Escala de Administración General de la Administración Local de A Coruña (Afagal), que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: funcionarios da escala de Administración xeral da Administración local.

Asinan a acta de constitución: Juan Manuel Sáenz-Chas Díaz e unha persoa máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 20 de xuño de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

5249