Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras que se citan.

-Título do proxecto: RC-LU-97.06 dobre tratamento superficial e arranxo de fochas previo por tramos. Limpeza de cunetas e roza. LU-212 camiño Taboada a Monterroso. LU-221 camiño Monterroso Palas Rei. LU-231 camiño Friol a Palas Rei. LU 233 camiño de Friol a Sobrado.

Orzamento: 22.390.275 ptas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: C-LU-97.01 urbanización da vila do Cádavo. Segunda fase.

Orzamento: 25.000.000 de ptas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas, a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 10 de xullo de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

4730