Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.048

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de xullo de 1997 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, por Orde do 27 de febreiro de 1997 (DOG nº 47, do 10 de marzo), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Sergas, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Sergas, anunciada por Orde do 22 de febreiro de 1997 (DOG nº 47, do 10 de marzo).

Segundo.-Declarar deserto o posto de traballo non adxudicado pola orde desta consellería, do 24 de abril de 1997, pola que se resolve parcialmente a referida convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

5492