Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 15 de xullo de 1997 Páx. 6.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xuño de 1997, do Servicio Provincial de Costas de Pontevedra, de notificación da incoación do expediente sancionador 76.15/95, por presunta infracción da lexislación de costas, pola que se nomean instructor e secretario deste e se adoptan medidas provisionais; e do prego de cargos formulado polo instructor.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo LC), e do seu regulamento (en adiante RC); nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio Provincial de Costas desta delegación provincial, e adóptanse as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e secretario podarán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, san

cionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8 do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, aprobado polo Real decreto 1417/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante RC).

Pontevedra, 20 de xuño de 1997.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: 76.15/95.

Denunciado/a: Jaime Rodríguez Abilleira, como responsable solidario con G. Rivas, S.A. e Janeiro, S.L.

Condición: director de obra.

Último enderezo coñecido: r/ Paseo de Colón, nº 15-Pontevedra.

Data do acordo: 16-5-1997.

Feitos: construcción dunha vivenda unifamiliar.

Lugar: Praia dos Mortos-Areas.

Concello: Sanxenxo.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3 da LC e 187.1 do RC.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1.a), 25.2 e 26.1 da LC e Arts. 45.1.a), 46.1 e 48.1 do RC e DD.TT. Cuarta 2 c) e décimo terceira 1 c) do RC.

Preceptos sancionadores: Art. 90 c) da LC e Art. 174 c) do RC.

Cualificación e contía da posible sanción: Arts. 91.2 e) e 97.1 da LC e Arts. 175.2 e) 183 b) en relación co artigo 184 do RC, podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.