Por mor de manifesta-lo seu sentimento e o do pobo galego por causa do asasinato de don Miguel Ángel Blanco Garrido, concelleiro de Ermua, Biscaia, o presidente da Xunta de Galicia ten a vontade de facer pública a súa dor, a do Goberno galego e a de tódolos cidadáns de Galicia.
É polo que,
DISPOÑO:
Artigo único.
1. Decláranse de loito oficial en Galicia os días 14 e 15 do mes de xullo do ano que corre.
2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en tódolos centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, trece de xullo de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente