A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios convoca, o seguinte concurso público aberto:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.
c) Número do expediente: 97/05/774.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das obras subvencionadas polo fondo de cooperación coas entidades locais 1997.
b) Lugar de execución: provincia de Pontevedra.
c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato nove meses naturais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación:
Importe total: 6.768.202 ptas. IVE incluído.
5. Garantías:
a) Provisional: 2% do orzamento da licitación.
b) Definitiva: 4% do orzamento da licitación.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.
b) Domicilio: San Caetano s/n.
c) Localidade: 15702 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: (981) 54 51 32.
e) Telefax: (981) 54 51 33.
f) Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata o remate do prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación e categoría: non se esixe.
8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:
a) Prazo: comezará ó día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro
xeral da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.
d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.
b) Domicilio: San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: ás dez horas do mércores 3 de setembro de 1997.
10. Gastos a anuncios:
Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.
P.O. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
4641