Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por poxa, procedemento aberto, das obras de reforma e acondicionamento da praza de Martínez Anido e o seu contorno.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría. Objeto do contrato: a reforma e acondicionamento da praza de Martínez Anido da Estrada, segundo proxecto redactado polo arquitecto José Manuel

Pichel Pichel. Prazo de execución: cinco meses.

Tipo de licitación: 22.921.855 ptas., á baixa. Garantía provisional: 2%. Garantía definitiva: 4%.

Obtención de documentación e información chamando ó Concello da Estrada, teléfono 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: no rexistro xeral das 9 ás 13 horas, nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. De ser sábado trasladaríase ó día seguinte hábil.

Documentos que hai que presentar:

Sobre 1. Coa inscrición «Proposición para tomar parte na poxa de reforma e acondicionamento da praza Martínez Anido e contorno», «Documentación», conterá: modelo de proposición; documento xustificativo da persoalidade do licitador; declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, conforme os artigos 15 ó 20 da Lei 13/1995; xustificante de ter constituída a fianza provisional; xustificante de alta no I.A.E.; xustificante da solvencia económica e financeira a que se refiren os artigos 15 e seguintes da Lei 13/1995; xustificante da clasificación do contratista no grupo G, subgrupo 6, categoría D; xustificante de estar ó corrente nas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Sobre 2. Coa inscrición «Oferta económica», adaptada ó modelo.

Apertura de ofertas, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 23 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

5254