Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 9 de xuño de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Echegaray Rodríguez, José Ramón e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regu

lamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín 2 ou o de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, Praza América 1-portal oficinas 2ª planta Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Vigo, 9 de xuño de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Echegaray Rodríguez J. RamónUrzaiz 62-3º I, Vigo41.857Liquid. 600602491264

Exp.17497/96

Fernández Val CeliaHispanidade 90-4º D, Vigo254.925

50.175

Liquid. 600401233624

Liquid. 600401233683

Exp. 17021/94

Exp. 18005/94

Toxavigo S.L.

(Presentador: Suárez Álvarez

Nater)

Avda. Castelao 17-10º B, Vigo21.000Liquid. 600502487011

Exp. 18158/95

5169