En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das peculiaridades dos inmobles, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dos chalés sitos nos números 7 e 25 da rúa de Pontevedra, de Lugo, para a realización de prestacións competencia da Comunidade Autónoma.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1997.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda
5173