Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997 pola que se convocan unhas xornadas sobre a responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

A Escola Galega de Administración Pública organiza, en colaboración co Colexio de Avogados da Coruña, unhas xornadas sobre a responsabilidade

patrimonial das administracións públicas, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Acadar un mellor coñecemento sobre os principios determinantes da responsabilidade patrimonial dos entes públicos e as consecuencias dimanantes desta situación, como resultado do funcionamento normal ou anormal dos servicios públicos.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A necesaria revisión do réxime da responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

-Responsabilidade do Estado lexislador.

-A responsabilidade civil dos concesionarios e contratistas da Administración por danos causados a terceiros.

-A responsabilidade patrimonial da Administración no ámbito sanitario público.

-A responsabilidade subsidiaria das administracións públicas á luz do novo Código Penal.

3. Destinatarios.

Funcionarios da Administración de xustiza e da Administración estatal, autonómica e local; profesionais do dereito, docentes universitarios, xuristas e interesados en xeral.

4. Lugar e datas.

As xornadas convocadas terán lugar os días 22 e 23 de xullo no salón de actos do Colexio de Avogados da Coruña, Pazo de Xustiza, Praza de Galicia, s/n, na Coruña.

A citada actividade abrirase o martes, día 22 de xullo, e rematará o mércores día 23.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 21 de xullo de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela). Tfno. 54 60 40. Telefax nº 54 63 37.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando, a partir do día 21

de xullo, por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 54 62 39.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a estas e

expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

97-5194