Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.859

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 13 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios de carteis, debuxos e redaccións para escolares de niveis non universitarios sobre a educación do consumidor, en commemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Por Resolución do 20 de febreiro de 1997 (DOG nº 45, do 6 de marzo de 1997), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou premios de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor; vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases 5ª e 6ª, polo xurado mencionado na base 8ª

da citada orde, procede á súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección de premios concedidos para carteis ou debuxos e traballos de redacción presentados de conformidade coa Resolución do 20 de febreiro de 1997, que se relacionan como anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1997.

Francisco Gallegos Martínez José Luís Mira Lema

Presidente do Instituto Galego Director xeral de Ordenación

de ConsumoEducativa e Formación Profesional

ANEXO

-Modalidade debuxos:

Título: sen título.

Alumno: compartido entre Noemí López Rouco e Silvia Rodríguez Pérez.

Estudios: 3º educación infantil (5 e 6 anos).

Centro: C.P. Sergude (Boqueixón).

Premio de 125.000 ptas.: 50.000 ptas. para as alumnas e 75.000 ptas. para o centro.

Título: sen título.

Alumno: colectivo.

Estudios: 1º e 2º ciclo de educación primaria (7 anos).

Centro: C.P. Toma Terrón Mendaña-Sobradelo de Valdeorras.

Premio de 150.000 ptas.: 65.000 ptas. para os alumnos e 85.000 ptas. para o centro.

Título: sen título.

Alumno: Mayka Montero Barcala.

Estudios: 1º curso especialidade deseño gráfico (19 anos).

Centro: Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón-Lugo.

Premio de 200.000 ptas.: 90.000 ptas. para a alumna e 110.000 ptas. para o centro.

-Modalidade redaccións:

Título: O consumo e a súa relación co Medio Ambiente.

Alumno: Noelia García Cid.

Estudios: 6º de primaria.

Centro: Colexio Divino Maestro-Ourense.

Premio: 150.000 ptas.: 65.000 ptas. para a alumna e 85.000 ptas. para o centro.

Título: Non estamos indefensos...

Alumno: Pablo Carrillo Sanmartín.

Estudios: 8º de EGB (13 anos).

Centro: C.P. Colegiata de Sar-Santiago de Compostela.

Premio: 175.000 ptas.: 75.000 ptas. para o alumno e 100.000 ptas. para o centro.

Título: O dobre fío do consumismo.

Alumno: Suleika Blanco Couce.

Estudios: 3º FP2 rama administrativa.

Centro: IFP Betanzos.

Premio: 200.000 ptas.: 90.000 ptas. para a alumna e 110.000 ptas. para o centro.

5227