Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación do servicio que máis abaixo se indica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 304/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización do inventario dos bens mobles da Universidade de Vigo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe anual: 25.000.000 de ptas.

5. Garantías:

-Provisional: 500.000 ptas.

-Definitiva: 1.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contrato:

a) Clasificación esixible:

Grupo 3, subgrupo 8, categoría B.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2º Domicilio: r/ Areal, 46, planta baixa.

3º Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 17 de xuño de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

5421