A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora:
A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.
2. Obxecto do contrato:
Servicios técnicos complementarios para a toma de datos e seguimento dos plans e programas de
investimento da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
a) Lugar de execución: os traballos terán como base para o seu desenvolvemento a sede da Secretaría Xeral para o Deporte, en Santiago de Compostela.
b) Prazo de execución: seis (6) meses, sen prexuízo da súa posterior prórroga.,
c) Orzamento base de licitación: tres millóns oitocentas mil pesetas, IVE incluído. (3.800.000 ptas.).
d) Garantía provisional: 76.000 pesetas.
e) Garantía definitiva: 152.000 pesetas.
3. Outros requisitos:
Tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2º e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
4. Obtención de documentación e información:
No servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).
5. Presentación de ofertas:
a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
d) Admisión de variantes: non admisibles.
6. Apertura de ofertas:
Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).
7. Gastos de anuncios:
Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.
P.D. (Orde 21-5-1990)
Eduardo Lamas Sánchez
Secretario xeral para o Deporte
5175