Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.793

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 158/1997, do 18 de xuño, polo que se modifica a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Advertidos erros no texto do citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 125, do 1 de xullo de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 6.370, columna esquerda, liña 9 onde di: «... inspeccionar, xestionar e vixia-las obras que realizará a consellería na provincia», debe dicir: «... inspeccionar, xestionar e vixia-las obras que excepcionalmente ordene o conselleiro en cada provincia».

Na páxina 6.370, columna da esquerda, liña 11 que empeza por «calquera outra ...» ata a liña 13 que termina por «delegado provincial» queda suprimido.

Na disposición derradeira terceira, onde di: «O presente decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

5528