Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 09 de xullo de 1997 Páx. 6.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso de proxectos con intervención de xurado para o edificio de apoio ó estudio no campus de Esteiro-Ferrol. (Concurso número 5, expediente 3015/1997).

Convócase concurso de proxectos con intervención de xurado, para o edificio de apoio ó estudio no Campus de Esteiro-Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

A Coruña, 19 de xuño de 1997.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente