A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:
Obxecto: contratación da asistencia técnica para o seguimento dos ensaios estatísticos no Centro de Experimentación de Agricultura Intensiva Baixo Miño de Entenza-Salceda de Caselas (Pontevedra) (IAS-407), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.
Orzamento de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).
Fianza provisional: cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.).
Fianza definitiva: duascentas corenta mil pesetas (240.000 ptas.).
Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación e apertura de proposición: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 8 de agosto de 1997.
A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 14 de agosto de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.
Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.
P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)
Antonio L. Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes
5418