Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 09 de xullo de 1997 Páx. 6.687

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional (das disciplinas das que comezaron a celebrarse as probas o día 3 de xullo de 1997) e ós corpos de profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas convocados por Orde do 28 de abril de 1992.

A base común 6, apartado 7 da Orde do 28 de abril de 1992 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores

de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas, en expectativa de ingreso, establecen que a valoración dos méritos presentados polo aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación, procede darlles publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 9 de xullo de 1997 as puntuacións provisionais dos baremos establecidos na Orde do 28 de marzo de 1992 dos corpos de profesores de música e artes escénicas e de profesores de escolas oficiais de idiomas e das disciplinas de: filosofía, grego, latín, matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía, inglés, tecnoloxía sanitaria, tecnoloxía de madeira, tecnoloxía marítimo-pesqueira (corpo de profesores de ensino secundario), prácticas de automoción, prácticas administrativas e comerciais, prácticas sanitarias, prácticas de madeira, prácticas de perruquería, prácticas agrarias, prácticas de informática de xestión (corpo de profesores técnicos de formación profesional).

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentar unha reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

5407