Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997 pola que se aproba a convocatoria pública para a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante nesta corporación, de conformidade coas normas de provisión aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión do 24 de abril de 1992.

Bases

1. Procédese á convocatoria pública para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

2. Poderán concorrer a ela os funcionarios que pertenzan á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás corporacións locais comprendidas no territorio da dita comunidade, que reúnan as condicións para acceder ó posto segundo as características do mesmo que se sinalan no anexo I.

3. As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que figura como anexo II no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da presente Resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral desta corporación (Avda. Alférez Provisional, s/n, A Coruña) ou nas oficinas referidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Xunto ás solicitudes, os aspirantes achegarán o seu currículum vitae e xustificarán mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados desta maneira non serán tidos en conta.

5. Se o nomeamento fora recaer nun funcionario destinado noutro organismo, requirirase o informe favorable deste. De non emitirse o informe no prazo de quince días hábiles, considerarase favorable.

6. Os nomeamentos deberán efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde a finalización do de presentación de solicitudes. O dito prazo poderá prorrogarse, excepcionalmente, ata un mes máis.

7. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade có novo, ou dun mes se radica en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

8. Contra a presente convocatoria poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción

contencioso-administrativa, logo de comunicación a esta Deputación Provincial conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 13 de xuño de 1997.

Augusto César Lendoiro

Presidente

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario Actal.

ANEXO I

Denominación: secretario/a Viceintervención.

Adscrición: Intervención Xeral.

Escala: AX.

Grupo: D.

Nivel C.D.: 15.

C. específico ptas./ano: 391.225.

Descrición: secretaría de Viceintervención.

5108