Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a subministración de dous vehículos-furgóns con destino á policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S97/69.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: vehículos-furgóns con destino á Policía Local.

b) Número de unidades que se van entregar: dous.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta e non poderá ser superior a trinta días.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.100.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 122.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1. Entidade: véxase punto 1.

2. Enderezo: véxase punto 6 b.

3. Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de dous vehículos-furgóns con destino á Policía Local.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de xuño de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

5392