De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo de 1 mes para presentar recurso ordinario perante o conselleiro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente: secretaría 17/1997.
Denunciado: Rodríguez e outros, Carlos, S.L.
DNI/NIF: 6.15531924.
Razón social: Café Bar O Pío.
Último enderezo coñecido: Rafael Alberti, 27 A, A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).
A Coruña, 18 de xuño de 1997.
Diego Bernal Llorente
Delegado provincial da Coruña
5033