Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de traballos específicos e concretos non habituais, consistente na implantación de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no laboratorio de consumo de Galicia.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C97010.

Obxecto do contrato: realización dos traballos específicos necesarios para a implantación do programa de control de calidade na sección de microbioloxía no laboratorio de Consumo de Galicia.

Lugar de execución: A Coruña.

Prazo de execución: será desde o asinamento do contrato ata o 15 de decembro de 1998.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: nove millóns novecentas mil pesetas (9.900.000).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: Prz. de Europa 10, A 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Teléfono: 54 45 12.

Fax: 57 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Prz. de Europa 10, A 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Praza de Europa, 10, A 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Data: décimo primeiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

4976