Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 10 de xuño de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores (PO-0952-1996 e 1010-1996).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de (Vigo) Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4, Vigo) e presentar perante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.

-Nº de expediente: PO-0952-1996.

Denunciado: Elisardo Villanueva Vicente.

Enderezo: r/ Naval, Illa de Arousa, Pontevedra.

-Nº de expediente: PO-1010/1996.

Denunciado: Paulo José de Couto Viana.

Enderezo: rúa do Merlo, 8, Ponteareas. Pontevedra.

Vigo, 10 de xuño de 1997.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

5005